A ACREDITACIÓN
Os nen@s levan unha cartulina como a da foto que inclúe toda a información que precisa, tanto o judoka, como os seus acompañantes para participar ou observar a actuación, respectivamente, dun modo adecuado. Desta forma, a credencial leva os datos do deportista, a hora á que debe participar, o tatami e o número de parella (orde de actuación). Ademais, un pequeno e conciso plano orienta aos familiares e amigos a se emprazar na grada máis próxima ao tatami asignado. A parte posterior de dita acreditación é o lugar onde os xuíces anotarán as cualificacións que o judoka obteña. Por se isto fóra pouco, sempre están os compañeiros de entrada, gradas ou tatami para axudar en todo o que fóra necesario.