Facer páxina de inicio 
Editorial        Saúda        Ónde         Cándo         Quén         Contacto        Privacidade  
 

 

EDITORIAL

O comité organizador do Trofeo Miguelito, quere agradecer nesta editorial o seu apoio, a todos os colaboradores que fan posible que este evento se realice.

Na parte técnica dicir que o TROFEO Miguelito conta con cinco niveis que cobren un programa de judo pé, en onde os judokas desde os 4 ou 5 anos facendo o primeiro nivel, evolucionan ata os 13 ou 14 anos en onde realizan o quinto nivel coa técnica que requiren ditos movementos.

No aspecto didáctico dicir que os cinco niveis marcan a evolución dos judokas no seu ciclo escolar tanto a parte do judo deportivo como a parte da defensa persoal.

A cualificación destes movementos por parte dos xuíces cunha boa nota, dará a garantía de que estamos ante bos judokas.

Xa só nos queda dicir que no Trofeo Miguelito, téntase conxugar a calidade técnica, coa festa e a cultura, é por elo que paralelamente se vén realizando un concurso de debuxo entre todos os participantes que consta de dous fases; unha delas a realizar no colexio e de entre os gañadores de dita fase, realízase a segunda aquí, no Coliseo coa exposición na entrada principal de todos os debuxos finalistas, así entre todos esoso debuxos prémiase aos cinco mellores de cada idade.

Dicir que destes debuxos saen auténticas obras de arte e sobre as cales se inspiran os carteis das futuras edicións do Trofeo Miguelito.

Agardamos que o domingo 25 de abril sexa de novo un día deses que premanece gravado nas retinas de judokas e familiares asistentes,...moitas grazas a todos.

 

 

REVISTA 22º TROFEO MIGUELITO

 

MIGUELITO©2005
trofeoMIGUELITO.com
Prohibida su reproducción

Páxina Principal